Anicio Olibrio foi emperador romano de Occidente entre abril e novembro de 472.

Traxectoria Era neto de Anicio Hermoxeniano Olibrio, cónsul de Roma no 395. Como pertencía a unha das máis importantes familias do Senado romano, o augusto Valentiniano III arranxou no 454 o seu compromiso coa menor das súas fillas, Placidia. Esta alianza matrimonial permitiulle ao emperador desfacerse de Aecio, que foi asasinado.

Cando se produciu a invasión vándala de Roma, ao ano seguinte encontrábase en Constantinopla. Alí, despois de longas negociacións, logrou a liberación da súa prometida e da nai dela, a emperatriz Eudoxia (461). Finalmente casou con Placidia e foron pais de Anicia Xuliana, no 462.

No 472, o augusto León I enviouno como mediador entre o augusto Antemio e o xeneral Ricimiro. Finalmente este e o Senado nomeárono emperador depoñendo a Antemio.

Olibrio morreu repentinamente. Foi parente de Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Emperadores romanos Categoría:Finados en 472 Categoría:Nados en Roma