José Miguel Rodríguez-Sieiro y Rodríguez-Vila, nado en Vigo en 1950, é un comunicador galego, coñecido polas súas aparicións na prensa rosa.
Traxectoria Cursou estudos de bacharelato no Colexio Labor de Vigo e no Colexio Estudio de Madrid, e estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Tras dedicarse a diversos negocios relacionados co petróleo e a medicina a través da Clínica Biotonus de Montreux, dirixiu a súa actividade profesional cara ao mundo da comunicación.
Colaborador habitual dende entón dos medios audiovisuais, comezou a traballar neste ámbito en 1991, en Antena 3 Radio, no programa Miguel Ángel García-Juez, comentando a actualidade social. En 1992 deu o salto á televisión para participar na tertulia sobre crónica social de Pasa la vida, o programa conducido por María Teresa Campos nas mañás de Televisión española. A partir dese momento vincúlase profesionalmente coa periodista malagueña, a quen acompaña igualmente nos seus espazos de TV Día a día (1996-2002) en Telecinco e Cada día (2004-2005).
Outras incursións na pequena pantalla inclúen colaboracións nos espazos A la carta (2004) e Mirando al mar (2004), ambos os dous de Antena 3 e Territorio comanche (2006-2008), os dous últimos presentados por Cristina Tárrega.
Dende 2004 intervén no programa Herrera en la onda de Onda Cero, conducido polo periodista Carlos Herrera e con anterioridade, con Marta Robles, tamén en Onda Cero.
Obra Cuestión de estilo (2005) Cuestión de ricos (2009)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas “Josemi y la infidelidad” “Josemi Rodríguez Sieiro - Colección de intervenciones en Ondacero con Carlos Herrera”
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes