Francisco Javier Oliete Valle, nado o 9 de setembro de 1970 en Zaragoza é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de lateral esquerdo.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co filial no ano 1988. De cara á tempada 1991/92 fichou polo Albacete Balompié, onde militará ata 1995, cunha tempada polo medio cedido no Celta de Vigo, equipo co que chegou á final da Copa do Rei de Fútbol en 1994.
Despois de xogar en Segunda División co Villareal CF en 1996 ficha polo Sporting de Gijón en Primeira División, onde tampouco convenceu e so militou unha tempada, antes de fichar polo UE Lleida.
Remataría a súa carreira xogando en equipos de Terceira División, como o Villarrobledo, o Atlético Tarazona ou o CD Teruel, onde xogou de 2002 a 2006 e onde finalmente se retirou.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en bdfutbol.com Ficha en footballdatabase.eu
Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1970 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores do CP Villarrobledo Categoría:Xogadores do Atlético Tarazona Categoría:Xogadores do CD Teruel