Francisco Javier García Ruiz, nado en Alagón (provincia de Zaragoza) o 7 de xaneiro de 1966, é un exfutbolista máis coñecido como Paco Salillas, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Comeza a xogar en equipos de Terceira División de Aragón ata que ficha polo filial do Real Zaragoza, o Club Deportivo Aragón, no ano 1987. Ao ano seguinte pasa ao primeiro equipo da man do adestrador Radomir Antić.
En 1991 ficha polo Celta de Vigo, onde xogaría ao lado de Vlado Gudelj. O primeiro ano remata como campión de Segunda División e acada o ascenso a Primeira e na súa terceira e última tempada chegaría á final da Copa do Rei de Fútbol. En 1994 fichou polo UE Lleida de Segunda División, onde fixo moi bo papel.
Ao comezo da tempada 1996/97 fichou polo Villarreal CF, equipo co que tamén acadaría o ascenso a Primeira División, porén o equipo perdería a categoría ao ano seguinte. Tralo descenso Salillas ficharía polo Levante UD, na Segunda División B, con este equipo tamén acadaría o ascenso de división e gañaría o título persoal de máximo goleador de Segunda División na tempada 1999/00.
Retirouse tras xogar en equipos da Terceira División aragonesa, colgando as botas no ano 2008 despois de exercer como xogador-adestrador no Remolinos CD.
Categoría:Nados na provincia de Zaragoza Categoría:Nados en 1966 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Xogadores do CD Alagón Categoría:Xogadores do CD Teruel Categoría:Xogadores do CD Binéfar Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do CF Figueruelas Categoría:Xogadores do Remolinos CD