Juan Cortiñas Méndez, alcumado Juanín, nado en Monforte de Lemos o 24 de outubro de 1925, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista. Foi irmán do tamén futbolista Emilio Cortiñas Méndez, finado en 1937.

Traxectoria Na tempada 1948–49 debutou en Primeira División co Celta de Vigo.

Na tempada 1956–57 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Ángel Zubieta e logo por Diego Villalonga (quen non contou con Juanín). No equipo coruñés xogou tan só dous partidos, estreándose na primeira xornada, cunha derrota en Riazor fronte ao Atlético de Madrid (0–4). Volveu xogar na xornada 11, nunha nova derrota esta vez fronte ao Condal a domicilio (2–1), onde marcou o único tanto deportivista. Juanín, de 31 anos, foi dos centrocampistas menos habituais dentro dos suplentes, tendo máis notoriedade xogadores como Julián Cuenca, Manuel Lechuga, Enrique Sierra ou Amador Cortés. Ao final da campaña o equipo descendeu a Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Futbolistas de Monforte de Lemos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña