José Rey Otero, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1923 e finado na mesma cidade o 21 de decembro de 1971,La Voz de Galicia, 28-12-1996, 23. foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria O seu primeiro equipo foi o Marte FC coruñés, no que xogou na tempada 1941/42. De aí pasou ao Deportivo da Coruña que o cedeu un ano ao Alcoyano e outro ao Ceuta.
Na tempada 1944-45 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só dous encontros no cadro adestrado por Ramón de la Fuente. O seu debut produciuse na xornada 13, nunha derrota contra o Sabadell a domicilio (2–1). Na seguinte xornada repetiu titularidade, que rematou igualmente en derrota, nesta ocasión contra o Murcia (1–0). Nesa campaña Rey era o único atacante suplente, estando a dianteira titular formada por Juan Francisco Lezama, José González Caballero, Paquirri, Chao e Manuel Marquínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División. Xogou un ano máis no Deportivo, logrando ascender de novo á Primeira División.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do AD Ceuta