Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.Perfil en Pontevedra Viva.
Traxectoria
Carreira profesional Estudou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, formando parte da 1ª promoción que estudou Lingua Galega e Literatura no curso 1979-1980. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Torrente Ballester desde 1988 ata 1999.
Carreira política En 1999, deixou o ensino ao pedir unha excedencia e pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. Coma concelleiro en Pontevedra, impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra, apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011).
Tralas eleccións municipais de 2011 continuou no goberno grazas á coalición do BNG e do PSdeG. Nas municipais de 2015 repetiu como concelleiro asumindo as áreas de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico, pero dende a súa elección coma deputado no Parlamento de Galicia polo BNG, tralos comicios de 2016, as súas competencias quedaron reducidas a Patrimonio e Memoria Histórica. No ano 2019, tralas eleccións municipais, abandonou a súa acta de concelleiro para continuar o seu labor como deputado, que vén exercendo ata actualidade trala reelección nas eleccións autonómicas de 2020, onde encabezou a lista electoral pola provincia de Pontevedra, nas que o Bloque Nacionalista Galego obtivo uns resultados históricos.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.
Colaboracións Colabora na recuperación da memoria histórica, primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog. Forma parte do colectivo de recuperación de memoria histórica A Regaduxa. Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva e tamén no Nós DiarioAchegas de Luís Bará en Nós Diario.
Vida persoal Luís Bará é o pai do poeta Diego Bará, así coma de Sabela Bará Louro e María Bará Louro.
Publicacións Lingua galega e Literatura 3. A descrición (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1995, 126 páx. ISBN 9788475079202 Lingua galega e Literatura 3. A narración (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 135 páx. ISBN 9788475079660 O diálogo. Lingua galega e Literatura 4 (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 136 páx. ISBN 9788483020357 Lingua galega e Literatura 4. A exposición e a argumentación (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1998, 150 páx. ISBN 9788483023037 Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade. Instituto de Estudos Miñoráns, 2017, 246 páx. ISBN 9788461789504
Libros colectivos
"Castelao expoliado, depurado e denigrado polo franquismo", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
miniatura|Presentación de Feminicidio de Carme Adán na Casa das Campás o 31/01/2018. Coa autora e Malores Villanueva.
Limiar de: Cegoñas no fondo da ría (Manuel Lourenzo González, 2015)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Non des a esquecemento, blog persoal.
Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Nados en 1965 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia