A Idade do Bronce Atlántico, designa unha idade arqueolóxica propia do complexo cultural do bronce atlántico, comprendido entre aproximadamente o 1300 a. C. e 700 a. C. que inclúe diferentes culturas da Península Ibérica, das Illas Británicas e da costa atlántica de Francia. Caracterízase polos intercambios culturais e económicos dalgunhas culturas indíxenas superviventes que acabarían dando paso aos pobos indoeuropeos da Idade de Ferro (principalmente celtas) a finais do período. Séguelle a Idade de Ferro.

Os seus principais centros parecen estar en Portugal e Galicia (previa á cultura castrexa), Andalucía ( Tartessos ?) e Gran Bretaña. Os seus contactos comerciais esténdense ata Dinamarca e tamén ao Mediterráneo.

Comercio A Idade do bronce atlántico está marcada polo intercambio económico e cultural, que levou a un alto grao de semellanza entre culturas como se pode comprobar nas comunidades costeiras dende Galicia ata Escocia, incluíndo o uso frecuente de pedras como cabalos de Frisia, a construcións de castelos en cantís, ou a arquitectura doméstica caracterizada pola casas redondas. Os contactos comerciais abranguían dende SueciaJohan Ling, Zofia Stos-Gale, Lena Grandin, Kjell Billström, Eva Hjärthner-Holdar, Per-Olof Persson, Moving metals II: provenancing Scandinavian Bronze Age artefacts by lead isotope and elemental analyses, Journal of Archaeological Science, Available online 2 August 2013, ISSN 0305-4403, http://dx.doi.org/10.1016/j.jas.2013.07.018. (http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0305440313002689) e Dinamarca ata o mar Mediterráneo. Este período estivo definido polos centros rexionais de produción de metais, unidos por un comercio marítimo regular dalgúns dos produtos. Os maiores centros estaban no sur de Inglaterra e Irlanda, noroeste de Francia, e o oeste de Iberia.Europe Before History by Kristian Kristiansen

Os obxectos relacionados con esta cultura foron atopados frecuentemente formando cúmulos, ou depositados en áreas rituais, usualmente preto da auga, como en ríos, lagoas e pantanos. Entre os elementos máis destacables pertencentes a este complexo cultural, están as machadas de bronce, ás veces enterradas formando grandes cúmulos na Bretaña e Galicia, puntas de lanzas, escudos e espadas. Ademais, tamén son comúns os obxectos de festexo das elites: asadores articulados, caldeiros e ganchos para a carne, atopados entre Portugal e Escocia.

A orixe da cultura celta foi atribuída a este período no ano 2008 por John T. Koch e apoiada por Barry Cunliffe, os cales argumentaron que o desenvolvemento do celta debíase a que era unha lingua franca atlántica, que máis tarde se espallaría polo resto de Europa, pero esta teoría contradí a máis aceptada orixe dos celtas na cultura de Hallstatt.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Cultura dos Campos de Urnas Europa atlántica Goldhut Idade de Bronce Idade de Bronce en Galicia Megálito Megalitismo

Categoría:Idade de Bronce Categoría:Culturas arqueolóxicas