A metrópole de Halyč ou metrópole de Galicia é o nome que recibiron ao longo da historia algunhas divisións eclesiásticas da rexión de Galicia, en Europa Central:

Metrópole ortodoxa grega de Galicia, da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, que existiu entre 1303 e 1347, posteriormente pasou á metrópole de Kíiv e volveu existir entre 1371 e 1401. Metrópole católica latina de Halyč, da Igrexa Católica Latina, que existiu dende 1375 até 1414, cando a sé foi transferida a Lviv. Metrópole católica ucraína de Galicia (ou Lviv), da Igrexa Católica Bizantina Ucraína, que existiu dende 1807, cando a sé foi transferida dende Kíiv, até 2005, cando foi transferida novamente a Kíiv.

Véxase tamén Diocese de Halyč Diocese de Lviv