Loures é unha cidade portuguesa no Distrito de Lisboa, na rexión de Lisboa e subrexión da Grande Lisboa. A súa área municipal ten 205.054 habitantes, segundo o censo de 2011.
Xeografía Está subdividida en 18 freguesías e limita ao norte co municipio de Arruda dos Vinhos, ao leste con Vila Franca de Xira e co esteiro do Texo, a través do cal limita con Alcochete, fracción occidental de Montijo e Benavente, ao sueste con Lisboa, ao suroeste con Odivelas, ao oeste con Sintra e ao noroeste con Mafra.
Historia O concello foi creado por Decreto Real en 1886, Foi o primeiro concello en proclamar a Primeira República Portuguesa, un día antes co resto do país, o 4 de outubro de 1910. Na actualidade, está en discusión unha alteración das fronteiras do municipio, ademais de existir movementos que defenden a segregación de Sacavém e a súa constitución en concello de seu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Câmara Municipal de Loures.
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Lisboa