Happy Songs for Happy People é o cuarto álbum da banda escocesa de post-rock Mogwai, publicado o 17 de xuño de 2003 a través dos selos Play It Again Sam e Matador Records. Representa unha evolución do son do grupo, máis electrónico desta volta: todos os temas están baseados en guitarras eléctricas e baterías, pero usan frecuentemente sintetizadores que ás veces teñen o protagonismo das cancións, con cordas e piano aparecendo tamén ocasionalmente. As cancións do disco son moderadas, coas únicas excepcións de "Ratts of the Capital", e "Stop Coming to My House", encargada de pechar o traballo.

O vocalista habitual de Mogwai, Stuart Braithwaite, non canta neste álbum. Barry Burns ("Hunted by a Freak", "Killing All the Flies") e John Cummings ("Boring Machines Disturbs Sleep") encárganse das voces, aínda que case todas están fortemente procesadas e son case incomprensibles.

O CD tamén contén unha versión demo de Cubase e a pastas por separado de cada instrumento de "Hunted by a Freak", permitindo remesturar e reconstruír a canción.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Mogwai. "Hunted by a Freak" – 4:18 "Moses? I Amn't" – 2:59 "Kids Will Be Skeletons" – 5:29 "Killing All the Flies" – 4:35 "Boring Machines Disturbs Sleep" – 3:05 "Ratts of the Capital" – 8:27 "Golden Porsche" – 2:49 "I Know You Are but What Am I?" – 5:17 "Stop Coming to My House" – 4:53

Canción extra da edición xaponesa "Sad DC" - 4:34

Categoría:Álbums de Mogwai Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums producidos por Tony Doogan Categoría:Álbums de Play It Again Sam Categoría:Álbums de Matador Records