British Racing Partnership (BRP) foi un equipo de carreiras, e, finalmente un construtor, do Reino Unido. Foi fundado en 1957 por Alfred Moss e Ken Gregory, pai e representante de Stirling Moss respectivamente, para representar os coches de Stirling, cando non tiña contrato con outras empresas.
miniatura|left|280px|O BRP BRM P25 co que Stirling Moss acadou o segundo lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1959, o mellor resultado de BRP
BRP participou cun Cooper-Borgward de Fórmula Dúas e, ocasionalmente, cun BRM de Fórmula 1 en 1959, este último resultou destruído nun espectacular accidente no circuíto alemán de AVUS. BRP foi o primeiro equipo de Fórmula Un en vender a totalidade do nome do equipo a cambio dos ingresos de patrocinio, foron patrocinados polo Yeoman Credit Ltd., unha empresa de venda e alugueiro, a partir de agosto de 1959, e converteuse en Yeoman Credit Racing na tempada . BRP recibiu unha suma de 40.000 libras para comprar o seu equipamento e máis 20.000 libras ao ano para o funcionamento do equipo. O equipo competiu con Coopers, tanto na Fórmula Un como na Fórmula Dúas, durante 1960, cun éxito desigual. Durante este tempo, catro dos pilotos do equipo morreron mentres competían co coche, e os propietarios de Yeoman Credit comezou a preocuparse porque o equipo non estaba xerando publicidade positiva para a súa empresa. O contrato con Yeoman Credit foi traspasado a Reg Parnell Racing ao final do ano, e para as tempadas de e BRP foi renomeado UDT Laystall Racing, como parte dun similar novo acordo de patrocinio. UDT eran as iniciais de United Dominions Trust, entre as varias propiedades do holding estaba Laystall Engineering, o principal provedor de veos de manivelas para as industrias do automóbil e da aviación británicas.
En , o equipo volveu ao seu nome orixinal e converteuse nun verdadeiro construtor, as tempadas anteriores correra con Lotus 24 e Cooper T51, e trataran de adquirir sen éxito o máis moderno, monocasco Lotus 25. Isto orixinou que o xefe de deseño, Tony Robinson, deseñara o seu propio coche monocasco, inspirado no Lotus 25, pero máis basto e cun motor V8 de BRM en lugar do típica Coventry Climax do Lotus 25. Este coche coñécese comunmente como o BRP-BRM e foi pilotado por Innes Ireland e Trevor Taylor.
Como construtor, BRP participou en 13 probas de Gran Premio, anotando un total de 11 puntos no campionato. Logo de o equipo viuse obrigado a retirarse da F1; a BRP negóuselles a súa adhesión á Asociación de Construtores de Fórmula Un, o que os privou de diñeiro para arrincar, que entón era un factor importante nos ingresos do equipo. BRP construíu coches para as 500 Millas de Indianápolis, pero gozaron de pouco éxito.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Cooper T45 Climax FPF 1.5 L4 ARX MON NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR Tom Bridger Ret Cooper T51BRM P25 Climax FPF 1.5 L4BRM P25 2.5 L4Borgward 1500 RS 1.5 L4 MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA Ivor Bueb NSC 13 Stirling Moss DSC 2 Chris Bristow 10 Hans Herrmann Ret Lotus 1818/21 Climax FPF 1.5 L4 MON NED BEL FRA GBR ALE ITA USA Cliff Allison 8 NTS Henry Taylor NSC NPP 10 Ret 11 Lucien Bianchi Ret Ret Juan Manuel Bordeu NTS Masten Gregory Ret Ret Lotus 2418/21 Climax FWMV 1.5 V8Climax FPF 1.5 L4BRM P56 1.5 V8 NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA Innes Ireland Ret Ret Ret Ret 16 Ret 8 5 Masten Gregory Ret NSC NC Ret 7 12 6 Lotus 24 BRM P56 1.5 V8 MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA Jim Hall Ret Ret 8 11 6 5 8 10 8 Innes Ireland Ret Ret Lotus 24 BRM P56 1.5 V8 MON NED BEL FRA GBR ALE AUT ITA USA MEX Innes Ireland NTS Trevor Taylor Ret
Como construtor (key) Ano Chasis Motor(es) Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Puntos Pos. BRP 1 BRM V8 MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA 6 6º Innes Ireland Ret 4 7 Ret 4 BRP 1BRP 2 BRM V8 MON NED BEL FRA GBR ALE AUT ITA USA MEX57º Innes Ireland 10 Ret 10 5 5 Ret 12 Trevor Taylor Ret 7 Ret Ret NSC 6 Ret
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Forix article on BRP Team Profile at Grand Prix Encyclopedia F1 Database entry Results from Formula1.com
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido