San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.742 habitantes (882 mulleres e 860 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.066 habitantes.

Historia A parroquia de San Salvador de Serantes foi a capital do concello de Serantes. En 1972 inaugurouse en Serantes a Escola Universitaria Politécnica de enxeñería naval e industrial.

Patrimonio miniatura|dereita|Debuxo do petróglifo de Chamorro (Serantes). A ermida de Chamorro, construída no século XVI, está situada na aba do monte do mesmo nome e desde o seu adro, a 175 m de altitude, contémplase unha magnífica vista panorámica da comarca ferrolá, co val de Serantes en primeiro termo e ao fondo a cidade de Ferrol. A porta está situada nun lateral, ao que se engadiu un beiril para integrar a peaña coa estatua da Virxe, chamada do Nordés, parece ser románica do século XII. Neste lugar celébrase unha concorrida romaría o luns de Pascua, desde o ano 1628, como acción de grazas a Virxe pola súa intersección nun forte temporal.

Na zona na que está ermida hai varios petróglifosO Petroglifo de Chamorro (San Salvador de Serantes, Ferrol) Juan A. Carneiro Rey, Ramón Fábregas Valcarce Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 22, 2003 , págs. 73-86.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Serantes

Parroquias de Ferrol

Notas

Véxase tamén Bibliografía Carneiro Rey, J. A. e Fábregas Valcarce, R. (2003): ''O Petroglifo de Chamorro (S. Salvador de Serantes, Ferrol). Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 0211-8653

Outros artigos Concello de Serantes Lugares de Ferrol

Categoría:Parroquias de Ferrol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador