San Xoán de Sardiñeiro é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Fisterra. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 742 habitantes (359 mulleres e 383 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 897 habitantes.
Patrimonio A igrexa parroquial é de estilo barroco-neoclásico. A súa construción iniciouse en 1774, sufrindo reformas e ampliacións no século XIX.
A súa planta é de salón, con muros grosos e unha soa nave. Ten tres portas de acceso á nave. A fachada actual é neoclásica, conservando do estilo barroco a moldura das ventás. A espadana foi engadida en 1900.
Carece de retablos, xa que foron destruídos nas sucesivas reformas debido ao mal estado. A ornamentación interior é escasa, destacando un crucifixo de grandes dimensións na capela maior, da escola compostelá do século XX e con claras influencias de Francisco Asorey e outros escultores galegos de principios de século.
Sobre unha ménsula está a figura de San Xoán Bautista.
Por esta parroquia pasa a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Sardiñeiro
Parroquias de Fisterra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Fisterra
Categoría:Parroquias de Fisterra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Localidades do Camiño de Fisterra Categoría:Camiño dos Faros