Antonio Freire Montero, nado nas Somozas en 1895 e finado na Habana o 25 de agosto de 1952, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Chegou a Cuba a principios do século XX. Foi presidente da Sociedade La Aurora de Somozas (1916-1920) e do Comité das Sociedades Gallegas de Instrucción. Traballou nos Ferrocarriles Unidos de La Habana. Colaborou en Páginas, Vanguardia Socialista, Labor Gallega, Cultura Gallega, Cultura Hispánica e Defensa Social. Escribiu o prólogo da comedia Sublime rebeldía de Eduardo Agüero Vives.
Obras Historia social. La Aurora de Somozas, 1935. Tríptico literario, 1939.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas das Somozas Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados nas Somozas Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1952