Eugenio Raimundo Aguiar Álvarez, nado en Mondoñedo en 1914 e finado en Foz o 3 de agosto de 1968,El Progreso, 4-8-1968, p. 7. foi un xuíz e político galego.
Traxectoria Fillo de Severiano Aguiar Moirón. Estudou o bacharelato no Colexio La Sagrada Familia dos Maristas, rematando en 1930.El Ideal Gallego, 5-10-1930, p. 8. Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela rematando en 1935.Vida Gallega, 20-10-1935, p. 44. Foi membro de Ultreya e miltante do Partido Galeguista, co que participou en varios mitins sendo estudande de Dereito en Compostela,El Pueblo Gallego, 23-3-1932, p. 8.El Pueblo Gallego, 20-7-1934, p. 6. e representou á agrupación de Mondoñedo do Partido Galeguista.El Progreso, 22-12-1932, p. 2. Co seu paisano Álvaro Cunqueiro defínense como nacionalistas contrarios ao marxismo e forman parte da dereita galeguista. Foi membro da Sociedad Poliesportiva Mindoniense.La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10. Colaborou en Galiza, Vallibria, El Pueblo Gallego e El Eco de Santiago.El Eco de Santiago, 23-4-1934, p. 1
Na guerra, ao encontrarse en territorio sublevado, combateu no exército franquista.Vallibria, 28-8-1938, p. 4. En 1944 participou nas oposicións para ingreso nos Cursos Especiais de Secretaria de Administración Local na Escola Nacional de Administración e Estudos Urbanos,BOE, 16-11-1944, p. 8621. e en 1946 fixo as oposicións para o ingreso na carreira de xuíz comarcal.BOE, 16-2-1945, p. 1352. Foi xuíz comarcal de Ponteceso, e en 1948 pasou a ser xuíz comarcal de Arzúa.El Progreso, 23-7-1948, p. 7. Finou en Foz o 3 de agosto de 1968,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-8-1968, p. 18. e foi soterrado en Mondoñedo.El Progreso, 8-8-1968, p. 7.
Vida persoal
Casou con María de los Remedios González-Redondo Maseda, filla de Jorge González-Redondo Serrano, e foi pai de María Remedios, Luisa María, María del Pilar e María del Carmen Aguiar González-Redondo.
Notas
Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela