Richard Walter Jenkins, coñecido como Richard Burton, nado en Pontrhydyfen o 10 de novembro de 1925 e finado en Céligny, Suíza o 5 de agosto de 1984 foi un actor galés.
Traxectoria Naceu en Gales, fillo dun mineiro. De pequeno demostrou unha excelente memoria, ademais de talento para as linguas. Porén, o seu principal interese eran os deportes.
As súas primeiras interpretacións profesionais foron en obras de radio da BBC. Debutou no cinema en 1947. Cinco anos despois marchou a Hollywood. Durante a súa carreira seguiu alternando cinema e teatro, sendo recoñecido polas súas interpretacións en obras de William Shakespeare.
En 1963 protagonizou Cleopatra, onde coincidiu con Elizabeth Taylor. Os dous iniciaron unha tempestuosa relación amorosa que os levou a casar en dúas ocasións.
Finou en Suíza vítima dunha hemorraxia cerebral. A pesar do súpeto do seu pasamento, a súa saúde fora decaendo por mor do alcohol.
Filmografía 1947 - The Last Days of Dolwyn 1950 - Waterfront 1951 - The Woman with No Name 1952 - My Cousin Rachel 1953 - The Desert Rats 1954 - The Robe 1956 - Alexander the Great 1957 - The Rains of Ranchipur 1959 - Mirando cara a atrás con ira 1963 - Cleopatra 1964 - The Night of the Iguana 1964 - Becket 1965 - The Spy Who Came in from the Cold 1965 - The Sandpiper 1966 - ¿Quen teme a Virginia Woolf? 1967 - The Taming of the Shrew 1967 - The Comedians 1967 - Doctor Faustus 1968 - Boom! 1969 - Staircase, 1968 - Where Eagles Dare 1969 - Ana dos mil días 1972 - Bluebeard 1972 - Hammersmith Is Out 1972 - O asasinato de Trotsky 1974 - The Klansman 1974 - A viaxe 1977 - Exorcist II: The Heretic 1977 - Equus 1978 - The Wild Geese 1978 - The Medusa Touch 1980 - Circle of Two 1983 - Wagner 1984 - 1984
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Actores de cinema de Gales Categoría:Actores de teatro de Gales Categoría:Nados en Neath Port Talbot Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1984