Xavier Labandeira, nado en Vigo o 2 de xullo de 1967, é un economista e investigador galego especializado en cambio climático.

Traxectoria Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago, obtivo un título de máster pola University College de Londres en economía ambiental, e doutorouse na Universidade de Vigo en Economía aplicada.

A súa actividade investigadora principal é o cambio climático, grazas á que ten publicado artigos en revistas líderes mundiais na materia como Energy Economics ou Climate Research.

En 2009 foi convidado a participar como membro no Grupo intergobernamental sobre o cambio climático da ONU. Membro fundador da Asociación Española de Economía da Enerxía, da que foi vicepresidente.

Obra Ademais de artigos e capítulos de libros, Labandeira é autor ou coeditor dos seguintes títulos: Economic Modelling of Climate Change and Energy Policies, 2006, coeditado con C. de Miguel e B. Manzano. Climate Change Policies. Global Challenges and Future Prospects, 2010. Escrito canda E. Cerdá.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Climatólogos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes