A dos mitílidos (Mytilidae) é unha familia de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, e superfamilia dos mitiloideos (Mytiloidea).Mytilidae Rafinesque, 1815 no WoRMS.
Cómpre dicir que tanto a orde, como a familia e a subfamilia, son hoxe en día taxons monotípicos e que, polo tanto, as únicas especies viventes da orde dos Mytilida son as numerosas que comprende esta familia, que son vulgarmente coñecidas como mexillóns.<ref>mexillón no Dicionario da RAG.</ref>
Taxonomía
Descrición A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, na súa obra Analyse de la nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés. Palerme: L'Imprimerie de Jean Barravecchia.
Etimoloxía O nome científico da familia, Mytilidade, está formado sobre a base do seu xénero tipo, Mytilus, coa adición do sufixo do latín científico -idae.
Clasificación miniatura|240px|Mexillóns (Mytilus galloprovincialis) e arneiróns (Semibalanus balanoides) na costa de Camariñas. miniatura|240px|Mexillóns cocidos. miniatura|240px|Cunchas de Perna viridis (Linnaeus, 1758), mexillón de Filipinas. miniatura|240px|"Leito" de Mytilus califonianius, especie comestíbel. miniatura|240px|Cunchas de Arcuatula arcuatula (Hanley, 1843). miniatura|240px|Cuncha de Mytella guyanensis.
Segundo o WoRMS a familia subdivídese en nove subfamilias, cos xéneros que se indican: Subfamilia Arcuatulinae Scarlato & Starobogatov, 1979 Arcuatula Jousseaume in Lamy, 1919 Limnoperna Rochebrune, 1882 Mytella Soot-Ryen, 1955 Xenostrobus B. R. Wilson, 1967 Adipicola Dautzenberg, 1927 Bathymodiolus Kenk & B. R. Wilson, 1985 Benthomodiolus Dell, 1987 Gigantidas Cosel & B. A. Marshall, 2003 Idas Jeffreys, 1876 Tamu Gustafson, R. D. Turner, Lutz & Vrijenhoek, 1998 Terua Dall, Bartsch & Rehder, 1938 Vulcanidas Cosel & B. A. Marshall, 2010 Subfamilia Brachidontinae F. Nordsieck, 1969 Brachidontes Swainson, 1840 Geukensia Van de Poel, 1959 Mytilaster Monterosato, 1884 Perumytilus Olsson, 1961 Brachiodontes (aceptado como Brachidontes Swainson, 1840) Subfamilia Crenellinae Gray, 1840 Arvella Bartsch in Scarlato, 1960 Crenella T. Brown, 1827 Exosiperna Iredale, 1929 Rhomboidella Monterosato, 1884 Solamen Iredale, 1924 Vilasina Bartsch in Scarlato, 1960 Subfamilia Dacrydiinae Ockelmann, 1983 Dacrydium Torell, 1859 Subfamilia Lithophaginae H. Adams & A. Adams, 1857 Adula H. Adams & A. Adams, 1857 Fungiacava T. F. Goreau, N. I. Goreau, Neumann & Yonge, 1968 Leiosolenus Carpenter, 1857 Lithophaga Röding, 1798 Zelithophaga Finlay, 1926 Subfamilia Modiolinae G. Termier & H. Termier, 1950 Arenifodiens B. R. Wilson, 2006 Jolya Bourguignat, 1877 Lioberus Dall, 1898 Modiolatus Jousseaume, 1893 Modiolula Sacco, 1897 Modiolus Lamarck, 1799 Stavelia Gray, 1858 Gibbomodiola Sacco, 1898 (taxon inquirendum) Subfamilia Musculinae Iredale, 1939 Gregariella Monterosato, 1883 Musculus Röding, 1798 Subfamilia Mytilinae Rafinesque, 1815 Aulacomya Mörch, 1853 Choromytilus Soot-Ryen, 1952 Crenomytilus Soot-Ryen, 1955 Ischadium Jukes-Browne, 1905 Mytilus Linnaeus, 1758 Perna Philipsson, 1788 Semimytilus Soot-Ryen, 1955 Subfamilia Septiferinae Scarlato & Starobogatov, 1979 Ciboticola Iredale, 1939 Mytilisepta Habe, 1951 Septifer Récluz, 1848 Sinomytilus Thiele, 1934 Trichomya Ihering, 1900 Xéneros incertae sedis (sen asignar a subfamilias): Amygdalum Megerle von Mühlfeld, 1811 Urumella Hayami & Kase, 1993
Características Os mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por: Teren unha cuncha bivalva ( é dicir, constituída por dúas valvas) que permite a protección das partes brandas. Unha característica común das cunchas dos mexillóns é que son asimétricas, e teñen un perióstraco groso e adherente. O seu manto está moi desenvolvido (formado pola epiderme e a derme) e está constituído por dúas capas paleais que envolven todo o corpo. Unha cavidade paleal delimitada polo manto. Dous músculos adutores que permiten o peche das valvas (o músculo adutor posterior está máis desenvolvido que o músculo adutor anterior). Branquias que se bañan na cavidade paleal, en forma de láminas (de aí o nome de lamelibranquios). Un biso (paquete de filamentos de proteínas) para unírense a un substrato sólido, producido por unha glándula bisoxénica situada baixo o pé. A regresión dos órganos sensoriais na rexión anterior, polo que non hai unha cabeza claramente diferenciada: os mexillóns son acéfalos.
Distribución é hábitat As especies desta familia encóntranse en todo o mundo, pero son máis abundantes nos mares máis fríos, onde adoito forman leitos ininterrompidos en costas rochosas na zona intermareal e na submareal pouco profunda. As especies da subfamilia dos Bathymodiolinae viven en hábitats de augas profundas.
Importacia económica Entre os mitílidos están os coñecidos mexillóns comestíbeis.
Algunhas das súas especies explótanse comercialmente dado o seu valor económico, xa que son unha importantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e son moi apreciados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).
As tres principais especies explotadas son: Mytilus galloprovincialis Lamarck, 1819, nas costas españolas (mediterráneas e atlánticas), e nas portuguesas. Mytilus edulis Linnaeus, 1758, nas costas atlánticas de Francia (especialmente nas bretoas, en todo o norte de Europa, así como no Canadá. Mytilus platensis d'Orbigny, 1842, nas costas de Suramérica.Mytilus galloprovincialisse probabelmente é a especie máis explotada. Cultívase principalmente nas augas costeiras de Galicia, e chega até as ribeiras do norte do mar Mediterráneo. Porén, tamén está documentada a súa produción nalgúns países mediterráneos do sur, na Federación Rusa, en Ucraína e en Suráfrica.
Notas taxonómicas sobre estas especies Durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis. Hai pequenas diferenzas entre elas na forma da cuncha e na cor do bordo do manto; e aínda hoxe para algúns autores a súa separación en dúas especies distintas non está debidamente xustificada, dado que en zonas onde conviven xuntas ambas as especies prodúcense hibridacións.Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia.Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1, p. 200.
De xeito parecido, outros consideran a especie Mytilus platensis como a subespecie Mytilus edulis platensis de M. edulis.
Explotación dos mexillóns: desde a remota antigüidade A evidencia máis temperá do consumo de mexillóns en Galicia foi datada no século IV a.C., como evidencian os concheiros,concheiro, concheira, 3ª acep., no Dicionario da RAG. grandes depósitos de cunchas de moluscos bivalvos incluíndo mexillóns en localidades costeiras, que subministran importantes datos arqueolóxicos, e que se encontraron, xa na época romana, até o século I, como no castro de Baroña.Programa de información de especies acuáticas. Mytilus galloprovincialis (Lamark, 1819). FAO: Departamento de Pesca y Acuicultura.
Sábese tamén que, no século XVI, portugueses viaxaban até Cambados, na ría de Arousa, para recolectaren mexillóns, ameixas e berberechos.
Por outra banda, está documentado que, en California, os indios que vivían nas rexións costeiras consumían mexillóns (da especie Mytilus californianus) desde hai case 12 000 anos.Erlandson, Jon M.; T. C. Rick; T. J. Braje; A. Steinberg & R. L. Vellanoweth (2008): "Human Impacts on Ancient Shellfish: A 10,000 Year Record from San Miguel Island, California". Journal of Archaeological Science 35: 2144-2152.
O cultivo do mexillón en Galicia
miniatura|300px|Batea mexilloeira na Ría de Vigo. Os mexillóns fixéronse importantes en España cando comezou a cultivarse ao comezo do século XX. Os primeiros cultivos realizáronse nas provincias de Tarragona e Barcelona en 1901 e 1909, respectivamente, usando postes de madeira chantados no fondo do mar, similares aos usados en Francia. Despois dos primeiros ensaios, este sistema foi abandonado e comezou o uso de estruturas flotantes: as bateas. Nese tempo, as poboacións naturais de mexillóns nas rías galegas usábanse principalmente como fertilizante en agricultura e, a escala limitada, como alimento. En 1946 introduciuse o cultivo do mexillón en bateas en Galicia e, ao cabo de poucos anos, a produción aumentou considerabelmente. As primeiras bateas consistían en estruturas cadradas de madeira sustentadas por un flotador central; tamén se usaban antigos barcos pesqueiros restaurados e adaptados, que sostiñan estruturas de madeira das que os cultivadores (mitilicultores) colgaban cordas de esparto (Stipa tenacissima); nas cordas fixaban a semente do mexillón (chamada mexilla) e, cando os mexillóns alcanzaban o tamaño comercial, recolectábanos a man ou cunha roda especial. Máis adiante, os antigos barcos foron substituídos por estruturas de madeira cadradas ou rectangulares que soportaban pequenas casetas. A flotación lográbase con flotadores de madeira envolvidos en redes de arame e revestidos con cemento. Hoxe en día, quedan unhas poucas bateas antigas, e a maioría das novas constrúense con marcos de madeira de eucalipto.
Produción mundial de mexillóns A produción mundial de mexillóns superou en 2018 os 2,2 millóns de toneladas métricas, e o seu valor unitario situouse en 2,2 dólares o quilo de peso vivo, grazas a unha demanda forte. Esta cantidade duplica a producida hai unha década, destacando como máximos produtores a China, España, Chile, Tailandia e Nova Zelandia. Por tanto, os principais países produtores de mexillóns cultivados (ademais de España, fundamentalmente en Galicia), son a China (máis de 663 000 t en 2002), principalmente Mytilus galloprovincialis, con pequenas cantidades de M. coruscus, Musculus senhouse e Perna viridis) e Chile.
Galicia, potencia mundial en mitilucultura Que Galicia é unha potencia mundial en produción de mexillón é algo que está fóra de toda dúbida. Compite directamente coa China e Chile, pero sobre todo se consolida ano tras ano como a gran referencia española e europea grazas á produción das súas bateas. Así o confirman os últimos datos dados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, dos que se desprende que Galicia xerou no último lustro 1,2 millóns de toneladas, coas que o sector xerou 516.716.498 euros. Isto supón o 97 % do volume total de mexillón obtido en España desde 2013 e o 94 % dos ingresos xerados en primeira venda por este molusco no territorio nacional neste mesmo período.
Enfermidades e ameazas dos mexillóns cultivados Enfermidades Marteiliase, marteiliose ou enfermidade de Aber. Producida por Marteilia maurini e M. refringens (protozoos). Ocasiona perda de pigmentación dos tecidos viscerais, que se fan amarelos pálidos; o manto algunhas veces faise translúcido; o crecemento da concha pode cesar, e a carne aparece contraída e viscosa. Non hai tratamento dispoñíbel, polo que hai que evitar a transferencia de individuos a outras zonas non infectadas. Enfermidade do 'verme vermello'. Ocasionada por Mytilicola intestinalis (un copépodo). Trátase dun organismo comensal, que se pensaba que no afectaba aos mexillóns. Non hai tratamento.
Ninguna destas enfermidades causa danos serios ao cultivo de Mytilus galloprovincialis.
Ameazas