Valentín Suárez Fernández, nado en Langreu o 14 de maio de 1934, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria Na tempada 1960–61 xogou co Deportivo da Coruña, en Segunda División. Foi un habitual na defensa do Deportivo nas dúas campañas que permaneceu no conxunto coruñés, adestrado o primeiro ano por Jesús Barrio e o segundo por Juan Otxoa, logrando o ascenso a Primeira División. Foi compañeiro de zaga de Manín, José Domínguez e Antonio Collar na primeira campaña, e de Pegaso, Víctor Aurre, José Carlos Lariño, Manín e José Domínguez na segunda.
Na tempada 1962–63 fichou polo Langreo de Segunda División, onde permaneceu 3 campañas, sendo un habitual do equipo titular as dúas primeiras.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Langreu Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do UP Langreo