Edward Montgomery Clift, nado en Omaha, Nebraska o 17 de outubro de 1928 e finado en Nova York o 23 de xullo de 1966, foi un actor estadounidense de cinema e teatro.
Traxectoria Debutou en Broadway aos quince anos e seguiu en Nova York durante dez anos antes de marchar a Hollywood. O seu primeiro filme foi Red River, con John Wayne, rodada en 1946. A partir de aí foi lanzado como sex symbol.
Durante a década de 1950 foi recoñecido como un dos actores máis representativos do “método”. Porén non era moi apreciado pola elite de Hollywood por non axustarse aos seus estándares, como o de ser moi selectivo na escolla dos seus papeis e non publicar a súa vida privada.
O 12 de maio de 1956 mentres rodaba Raintree County, sufriu un grave accidente de coche tras saír dunha festa da casa da súa amiga e compañeira de elenco Elizabeth Taylor. No accidente resultou ferido na cara, precisando cirurxía estética, e ocasionándolle cicatrices. Dous meses despois retomouse a rodaxe, pero a dor causada polo accidente fíxolle abusar do alcohol e as pílulas.
A pesar de todo Clift seguiu traballando durante os seguintes dez anos, protagonizando o filme de John Huston The Misfits, que foi o último para Marilyn Monroe e Clark Gable. Nunha entrevista de 1961, Monroe describiu a Clift como "a única persoa que coñezo que está en pero forma ca min."
Foi atopado morto polo seu secretario en 1966, vítima dunha enfermidade coronaria.
Filmografía Ano Filme 1948 The Search Red River 1949 The Heiress 1950 The Big Lift 1951 A Place in the Sun 1953 I Confess Stazione Termini De aquí á eternidade 1957 Raintree County 1958 Lonelyhearts O baile dos malditos 1959 Suddenly, Last Summer 1960 Río salvaxe 1961 The Misfits 1961Judgment at Nuremberg1962 Freud: The Secret Passion 1966 The Defector
Véxase tamén
Bibliografía Bosworth, Patricia (1978). Montgomery Clift: A Biography. Hal Leonard Corporation, 2007. ISBN 0-87910-135-0 Capua, Michelangelo (2002). Montgomery Clift: A Biography. McFarland. ISBN 978-0-7864-1432-1. Kramer, Stanley e Thomas M. Coffey (1997). A Mad, Mad, Mad, Mad World: A Life in Hollywood. ISBN 0-15-154958-3. LaGuardia, Robert (1977). Monty: A Biography of Montgomery Clift. Nova York, Avon Books. ISBN 0-380-01887-X McCann, Graham (1991). Rebel Males: Clift, Brando and Dean. H. Hamilton. ISBN 978-0-241-12884-8.
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Nebraska Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Omaha, Nebraska Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa