Spes foi unha revista editada en Pontevedra entre 1934 e 1962.

Historia e características Subtitulada Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra, apareceu o 15 de xuño de 1934. Foi vehículo de expresión da comunidade católica pontevedresa, especialmente da súa xuventude. Estivo dirixida por Gabriel Méndez Rodríguez ata o seu falecemento en 1947, cando o sucedeu Jesús Muíños González. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Sofía Casanova, Xosé Filgueira Valverde, Xesús Carro, Enrique Chao Espina, Enrique Fernández-Villamil, Paulino Pedret, Celso Emilio Ferreiro e Antonio Rey Soto. Publicou algúns artigos en galego. Entre os artistas colaboraron da revista figuraron Carlos Sobrino Buhigas, Luís Pintos Fonseca, Alejandro Paisa Gil, Agustín Portela Paz e Xosé Sesto. Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1934 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas en lingua galega