La Voz de Fene foi un semanario editado en Fene entre 1910 e 1911.

Historia e características Subtitulado Semanario solidario, defensor de las sociedades agrícolas, apareceu o 2 de xuño de 1910. Publicado pola sociedade agrícola de Fene La Necesaria vencellada á Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume, a súa tendencia é agrarista e anticaciquil. Aparecía os domingos. Cesou a súa publicación non antes do 23 de abril de 1911. Foi continuado por Fene Solidario.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha e exemplares no Catálogo colectivo de prensa galega en bibliotecas do Sistema Bibliotecario Galego (CSBG) Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Fene Categoría:Prensa agraria Categoría:1910 en Galicia Categoría:Prensa anticaciquil