Diario del Ferrol foi un xornal editado en Ferrol entre 1873 e 1886.

Historia e características Subtitulado De noticias y anuncios, apareceu en 1873. De ideoloxía monárquica liberal, Luciano Taxonera Cabo foi o seu editor e director. Entre os seus colaboradores figurou Leandro de Saralegui Medina. Constaba de 4 páxinas de gran tamaño. Mantivo polémicas con El Brigantino.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1873 en Galicia