Chivalry: Medieval Warfare é un videoxogo de acción e multixogador desenvolvido por Torn Banner Studios como o seu primeiro traballo comercial. O xogo está ambientado na Idade Media e ofrece un modo de combate semellante ó de Age of Chivalry. O 20 de setembro de 2012, estreouse un tráiler que fixaba a data de lanzamento o 16 de outubro de 2012. Os desenvolvedores confirmaron que o xogo sería só para Windows, mais deixaron aberta a posibilidade de facer versións para diferentes consolas se o interese polo xogo era grande de abondo.Preston, Jack O pack de expansión, Chivalry: Deadliest Warrior, foi anunciado o 23 de agosto de 2013. Está relacionada co programa de televisión Deadliest Warrior. A secuela Chivalry 2 saíu en 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Chivalry: Medieval Warfare en Kickstarter.com
Categoría:Videoxogos de 2012