Santo Estevo de Abelleira é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o INE, en 2024 tiña 464 habitantes (234 homes e 230 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 647 habitantes e un aumento de 12 habitantes en comparación co anterior ano na serie.

Serie de poboación +AnoHabitantes200062520055742010569201551320204682024460

Economía A economía dos habitantes de Abelleira baséase principalmente na pesca, no marisqueo, na explotación agroforestal e no turismo nos meses de verán. A numerosa poboación emigrante que retorna á parroquia durante o verán tamén participa positivamente na economía do lugar.

Xeografía e lugares de interese A parroquia de Abelleira está situada arredor da enseada de Bornalle, na desembocadura do río Rateira. Atópase rodeada por terreo escarpado por Norte (Torea), Leste (Tal e Esteiro) e Oeste (Serres e Sestaio), o que fixo que historicamente a súa vía de comunicación principal fose o mar. É atravesada pola estrada AC-550 de Leste a Oeste e por diversos regos e regatos de Norte a Sur, salientando entre eles o devandito río Rateira.

Abelleira ten numerosas rutas de sendeirismo, entre as que se atopan a ruta á Pedra do Cadro e parte do Camiño de Santiago da Ría de Muros e Noia así como varias praias, entre as que se atopan: Ventín, Liñares, Area Triga ou Bornalle.

A igrexa principal da parroquia, de estilo neoclásico e construída en pedra do país, data do Século XVII.

Transporte e servizos Abelleira conta apenas coas liñas de autocar que comunican Muros con Santiago e Noia, que discorren pola estrada AC-550. A alta dispersión poboacional da parroquia provoca que apenas haxa tres ou catro locais de hostelaría espallados polo seu territorio. Apenas conta cunha pequena tenda de alimentación e, para desfrutaren da meirande parte de servizos básicos, os habitantes da parroquia deben desprazarse a Muros ou a Esteiro ou mesmo a Noia e Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Abelleira

Parroquias de Muros

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Muros

Ligazóns externas Abelleira.info

Categoría:Parroquias de Muros Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo