San Pedro de Anca é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Neda. É xunto a Santa María a parroquia de maior extensión do concello, indo dende a entrada do Val do Roxal ata o Monte das Louseiras, na fronteira con San Sadurniño. Segundo o IGE en 2020 tiña 574 habitantes (289 mulleres e 285 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2013 cando tiña 604 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Demografía

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Anca

Parroquias de Neda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fervenza do Belelle Lugares de Neda

Categoría:Parroquias de Neda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro