dereita|miniatura|Necrolóxica en La Región. Bricio Serantes Echegaray, finado en Ourense o 23 de abril de 1924Galicia. Diario de Vigo, 25-4-1924, p. 1., foi un sindicalista e agrarista galego.

Traxectoria Tipógrafo e militante socialista en Ourense, actuou como secretario no Congreso socialista de Xixón (1902). Foi secretario da Agrupación Socialista de Ourense (1904). Foi presidente da Sociedad de Agricultores de Canedo (1908) e impulsor do asociacionismo campesiño en Ourense. Participou no mitin agrario de Lugo en maio de 1908 e asistiu á I Asemblea Agraria de Galicia. En 1924 era administrador da Panificadora Obrera de Ourense.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Finados en 1924