Germinal foi un periódico publicado en Viveiro entre 1906 e 1907.
Historia e características
Apareceu o 15 de setembro de 1906. Periódico quincenal que defendía un ideario socialista. Entre os seus colaboradores figurou Antón Vilar Ponte. Sufriu a censura eclesiástica polo seu contido anticlerical nalgunhas ocasións. Cesou a súa publicación a finais de 1907.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:Prensa socialista Categoría:1906 en Galicia Categoría:Prensa anticlerical