Luiz Felipe Scolari alcumado Felipão, nado o 9 de novembro de 1948 en Passo Fundo, Río Grande do Sur, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro.

Traxectoria Despois dunha breve carreira como futbolista profesional dedicouse aos bancos, dirixindo a un gran número de equipos tanto do Brasil coma de países coma Kuwait, Xapón ou Arabia Saudita. En xuño de 2001 faise cargo da Selección de fútbol do Brasil por primeira vez, substituíndo no posto a Émerson Leão. Coa canarinha foi campión do Mundial de Corea e o Xapón 2002, porén tras o título renunciou ao cargo.

Ao ano seguinte de deixar o posto foi nomeado seleccionador de Portugal, equipo co que volveu facer moi bo papel, tanto na Eurocopa de 2004 (finalista) coma no Mundial de Alemaña 2006 (semifinalista). Deixou o equipo trala Eurocopa de 2008.

En xuño de 2008 fichou polo Chelsea FC, porén non tivo sorte no equipo inglés e deixou o equipo en febreiro de 2009, fichando a finais dese ano polo FC Bunyodkor da liga uzbeka.

Tras un breve paso polo Palmeiras o 28 de novembro de 2012 volveu ser nomeado adestrador da selección do Brasil de cara ao Mundial do Brasil 2014.

Participacións na Copa do Mundo MundialEquipoPaísPtsPXPGPEPPGFGCDif2002Brasil217700184+142006Portugal13741275+22014Brasil4321031+2 Total nos seus equipos381512222810+18

Palmarés Torneos rexionais TítuloClubPaísAnoCampionato AlagoanoCentro Sportivo Alagoano1981Campionato AlagoanoCentro Sportivo Alagoano1982Campionato GauchoGrêmio1987Campionato GauchoGrêmio1995Campionato GauchoGrêmio1996Torneo Río-São PauloPalmeiras2000Copa Sul-MinasCruzeiro2001

Torneos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa Emir KuwaitQadsia Sporting Club20px Kuwait1989Copa do BrasilCriciúma1991Copa do BrasilGrêmio1994Campionato BrasileiroGrêmio1996Copa do BrasilPalmeiras1998Liga de UzbekistánBunyodkor2009Copa do BrasilPalmeiras2012

Torneos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa de Nacións do GolfoKuwait20px Kuwait1990Copa Libertadores de AméricaGrêmio1995Recopa SuramericanaGrêmio1996Copa MercosurPalmeiras1998Copa Libertadores de América Palmeiras1999Copa Mundial de Fútbol Brasil2002Copa Confederacións da FIFA Brasil2013

Véxase tamén Ligazóns externas Perfíl en transfermarkt.es Ficha en goal.com

Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Nados en 1948 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do Sociedade Esportiva e Recreativa Caixas do Sul Categoría:Xogadores do Esporte Clube Juventude Categoría:Xogadores do Esporte Clube Novo Hamburgo Categoría:Xogadores do Centro Sportivo Alagoano Categoría:Adestradores de fútbol do Brasil Categoría:Adestradores do Centro Sportivo Alagoano Categoría:Adestradores do Esporte Clube Juventude Categoría:Adestradores do Grêmio Esportivo Brasil Categoría:Adestradores do Al-Shabab SC Categoría:Adestradores do Esporte Clube Pelotas Categoría:Adestradores do Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense Categoría:Adestradores do Goiás Esporte Clube Categoría:Adestradores do Qadsia Sporting Club Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Kuwait Categoría:Adestradores do Coritiba Foot Ball Club Categoría:Adestradores do Criciúma Esporte Clube Categoría:Adestradores do Al-Ahli SFC Categoría:Adestradores do Júbilo Iwata Categoría:Adestradores do Sociedade Esportiva Palmeiras Categoría:Adestradores do Cruzeiro EC Categoría:Adestradores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Adestradores do Chelsea FC Categoría:Adestradores do FC Bunyodkor Categoría:Adestradores do Guangzhou FC Categoría:Adestradores do CA Paranaense Categoría:Adestradores gañadores do Mundial de Fútbol