Felicitas Casabella Fernández, nada en Ourol e finada no mesmo concello o 16 de abril de 1938, foi unha labrega galega.
Traxectoria Na súa casa do Candedo refuxiábase o fuxido Alejandro Temblás Paz. O 16 de abril de 1938 foi recoñecido e denunciado e un grupo de falanxistas e gardas civís rodearon a casa para detelo. Alejandro logrou escapar do cerco saltando por unha fiestra, pero Felicitas morreu polas balas ou pola metralla das granadas. A súa irmá María Josefa Casabella Fernández e a súa filla Encarna Casabella Fernández, de trece anos de idade, saíron á aira co compromiso dos falanxistas de respectar as súas vidas, pero foron asasinadas na porta da casa. Os falanxistas queimaron a vivenda e mataron o gando e logo festexaron a orxía de sangue ceando uns cabritos confiscados na casa nunha taberna próxima.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Vermellas Chamábanlles "Rojas" As tres rosas vermellas do Candedo Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en Ourol Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos