Ferroglobus é un xénero de microorganismos do dominio das arqueas pertencente á familia Archaeoglobaceae.Ver no NCBI a páxina para Ferroglobus. Datos extraídos de

Ferroglobus é un xénero de euriarqueotas hipertermófilos. Só consta dunha especie, Ferroglobus placidus, illada de sedimentos de fontes hidrotermais mariñas pouco profundas da costa da illa Vulcano, Italia. F. placidus crece optimamente a 85 °C e a pH neutro. Non pode crecer a temperaturas por debaixo de 65 °C nin por riba de 95 °C. As súas células teñen parede con capa S e flaxelos.

Metabolicamente, Ferroglobus ten características únicas comparado con especies relacionadas como Archaeoglobus. F. placidus foi o primeiro hipertermófilo descuberto que crece anaerobicamente oxidando compostos aromáticos como benzoato ou fenol acopladamente coa redución de ferro férrico (Fe3+) a ferroso (Fe2+). Pode usar tamén como fontes de enerxía o gas hidróxeno (H2) e o sulfuro de hidróxeno (H2S). Debido á súa forma de vida anaeróbica, usa o nitrato (NO3−) como aceptor final de electróns, o cal se converte en nitrito (NO2-). O tiosulfato (S2O32−) pode usarse tamén como aceptor final de electróns. F. placidus pode oxidar anaerobicamente ferro acoplado coa redución de nitrato. fixa o CO2 utilizando o encima monóxido de carbono deshidroxenase. Crese que a presenza de organismos similares a F. placidus na Terra primitiva anóxica puido causar a creación das formacións de ferro bandeado que a miúdo se encontran en rochas moi antigas daquela época.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Revistas científicas

Libros científicos

Bases de datos científicas

Ligazóns externas

Categoría:Arqueas