Industria y Comercio foi un periódico editado en Vigo en 1897 e 1900.

Historia e características Subtitulado Defensor de los intereses de la producción, apareceu en novembro de 1897.El Alcance, 16-11-1897, p. 1. Fundado e dirixido por Vicente Fuster. Tiña como obxectivo proporcionarlles un vehículo de propaganda e un órgano das súas aspiracións ás diversas actividades mercantís e industriais de Vigo. Suspendeu a súa publicación nese mesmo ano. Reapareceu en 1900 co mesmo subtítulo, a mesma periodicidade e a mesma intención que na primeira época.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Vigo

Categoría:1897 en Galicia