Thibaut Nicolas Marc Courtois (AFI: [tibo kuʁtwa]), nado en Bree, Limburgo, o 11 de maio de 1992, é un futbolista belga que xoga como gardameta para o Real Madrid CF da Liga Santander e para a .
Traxectoria KRC Genk Courtois comezou a súa carreira futbolística aos 5 anos de idade no Bilzerse VV. Neste equipo permaneceu durante tres anos, antes de marchar ao KRC Genk aos 8 anos de idade, onde nun principio xogou como lateral esquerdo antes de desempeñarse como gardameta, a súa posición actual. O seu debut con este equipo foi o 17 de abril de 2009 ante o KAA Gent cando só contaba con 16 anos de idade. Debido á crise de gardametas non dispoñibles pola que pasaba o Genk, foi como se produciu o debut de Courtois. Courtois comezara a tempada 2008-09 como o sexto gardameta na orde xerárquica do Genk, estando por detrás de Logan Bailly, Sinan Bolat, Davino Verhulst, Sem Franssen e Koen Casteels. Con todo, logo da venda de Bailly ao Borussia Mönchengladbach e de Bolat ao Standard de Liège en xaneiro de 2009, o terceiro gardameta Verhulst quedou coa titularidade, mentres que Franssen e Casteels foron nomeados segundo e terceiro gardameta respectivamente. No entanto, Verhulst foi suspendido durante dous encontros pola Real Federación Belga de Fútbol debido a unha falta que cometeu sobre Wilfried Dalmat durante un encontro ante o Standard de Liège o 15 de marzo de 2009, mentres que Franssen sufriu unha rotura de ligamentos no seu nocello e Casteels acababa de recuperarse dunha fractura no seu dedo e atopábase fóra de ritmo. Desta forma, Courtois recibiu a súa oportunidade e puido debutar en Primeira División.
Para a tempada 2009-10, Courtois disputou toda a campaña co equipo de reservas do Genk, mais na seguinte tempada, o adestrador Franky Vercauteren elixiuno como gardameta titular do primeiro equipo. Debido a que Verhulst atopábase lesionado e a que había problemas na transferencia do gardameta húngaro László Köteles, Courtois foi seleccionado para disputar a fase previa da UEFA Europa League ante o Inter Turku de Finlandia, ante o cal tivo unha participación destacada na vitoria do Genk por 5-1 no partido de ida e por 3-2 no de volta. Despois de disputar os 3 primeiros encontros na liga, Courtois asinou o seu primeiro contrato profesional co Genk o 18 de agosto de 2010 cunha duración de 3 anos. Ao día seguinte, foi titular na derrota por 3-0 ante o FC Porto na Europa League. Courtois tamén logrou facer o seu debut na Copa de Bélxica o 9 de novembro de 2010 na derrota do seu equipo por 2-1 fronte ao Standard de Liège. Con todo, no último encontro da tempada ante o Liège, o Genk necesitaba polo menos un empate para levar o título de liga ante un Standard que tamén buscaba levar o campionato. Nun encontro onde o Standard sufocou a unha dura defensa do Genk, Courtois logrou salvar o empate a 1-1 con tres atalladas vitais nos últimos minutos do encontro En total, Courtois logrou disputar 44 partidos co Genk durante a tempada. Tamén foi elixido como o Gardameta do Ano no fútbol belga e como o Mellor Xogador do Genk ao finalizar a tempada.
Chelsea
O 16 de xullo de 2011, o Genk fixo público na súa páxina web que Courtois decidiu marchar ao Chelsea FC de Inglaterra, pero que trataron de facer "todo o posíbel" para convencelo de quedar no club, o cal non funcionou. Dez días despois, Courtois completou o seu traspaso ao Chelsea, asinando un contrato de 5 anos por un monto de 7,9 millóns de libras. No entanto, o mesmo día en que asinou co Chelsea, Courtois foi cedido ao Atlético de Madrid de España até o final da tempada 2011-12.
Atlético de Madrid O seu debut co Atlético sería o 25 de agosto de 2011 nun encontro de clasificación á Europa League fronte ao Vitória SC, ante o cal tivo un bo papel na vitoria do seu equipo por 4-0. Tres días despois, Courtois fixo o seu debut na Primeira División nun encontro fronte ao CA Osasuna, no que ambos os equipos empataron 0-0. O 9 de maio de 2012, conseguiu o seu primeiro título internacional disputando e gañando a final da Europa League por 3 goles a 0 ao Athletic Club. Durante o verán de 2012 chegouse a un acordo entre o Chelsea e o Atlético de Madrid para que Courtois permanecese, de novo, cedido durante a tempada 2012-13 no club madrileño. O 31 de agosto de 2012 Courtois e o Atlético de Madrid coroáronse campións da Supercopa de Europa, gañando por 4-1 ao Chelsea. Courtois xogou os 90 minutos do que foi o centésimo partido da súa carreira como profesional. Nestes primeiros 100 partidos, Courtois encaixou 101 goles.
Durante a Liga 2012-13 Courtois converteuse no porteiro menos goleado, obtendo así o Trofeo Zamora que se lle outorga ao porteiro menos goleado durante a competición. Estas actuacións axudaron ao equipo a acabar terceiro e conseguir a clasificación para a Liga de Campións 2013-14. A tempada serviu a nivel persoal a Courtois para superar as marcas de imbatibilidade de Abel tanto en casa como fose. Así, o 10 de marzo de 2013 superou a marca no estadio Vicente Calderón permanecendo durante 820 minutos sen encaixar un gol e o 8 de maio fóra de casa, deixando o rexistro en 680 minutos. Na Copa do Rei, o 17 de maio de 2013 proclamouse campión ao vencer na final ao Real Madrid por dous goles a un. O partido chegou ao final dos 90 minutos con empate a un e na prórroga, tras adiantarse o Atlético, Courtois realizou unha serie de paradas que evitaron o empate a dous.
De cara á tempada 2013-14 Courtois expresou o seu desexo de permanecer no Atlético un ano máis cedido e de disputar a liga de Campións co club branquivermello. Finalmente o 22 de xuño de 2013, o Atlético de Madrid e o Chelsea chegaron a un acordo para prorrogar a cesión unha tempada máis. A principios de tempada proclamouse subcampión da Supercopa de España tras perder ante o FC Barcelona debido á regra do gol visitante (1-1 na ida e 0-0 na volta). Na eliminatoria de cuartos de final da Liga de Campións ante o FC Barcelona, é clave para que o Atlético volva a semifinais 40 anos despois. O 17 de maio de 2014 proclamouse campión da Liga 2013-14 na última xornada tras un empate 1-1 fronte ao FC Barcelona no Camp Nou.
Títulos Campionatos estatais TítuloClubEstadoAnoPrimeira DivisiónKRC GenkBélxica2011Copa do ReiAtlético de MadridEspaña2013Primeira DivisiónAtlético de MadridEspaña2014
Campionatos internacionais TítuloClubEstadoAnoUEFA Europa LeagueAtlético de MadridEspaña2012Supercopa de EuropaAtlético de MadridEspaña2012
Distincións individuais DistinciónAno Gardameta do Ano na Primeira División de Bélxica<center>2011 Mellor xogador do KRC Genk<center>2011 Mellor gardameta Golden Boy<center>2011 Trofeo Zamora<center>2013 Mellor porteiro nos Premios de LFP<center>2013 Trofeo Zamora<center>2014
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial da URBSFA/KBVB Perfil no sitio web oficial do Atlético de Madrid
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na provincia de Limburgo Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Xogadores do KRC Genk Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Gañadores do Trofeo Zamora Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026