Iriome González González, coñecido habitualmente como Iriome, nado o 22 de xuño de 1987 en Icod de los Vinos (Tenerife), é un futbolista profesional español da canteira do CD Tenerife, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Lugo da Segunda División. Foi internacional coa .

Traxectoria Nado Icod de los Vinos, unha vila da illa canaria de Tenerife, Iriome é froito da canteira do principal equipo de fútbol masculino da illa, o CD Tenerife, chegando ao primeiro equipo na tempada 2006–07, estando o club na Segunda División, con tan só 19 anos. Ese primeiro ano xogou 20 partidos nos que chegou a conseguir catro goles. O seu primeiro partido foi mediada a tempada, concretamente o 14 de xaneiro de 2007, nun empate 0–0 ante o UD Salamanca. O seu primeiro gol non tardaría en chegar, anotando catorce días despois ante o UD Almería, nun gol que contribuíu á vitoria por 2–1 contra o equipo andaluz.

Na seguinte tempada xogou máis partidos, 31, volvendo a anotar outros catro goles. Con todo, na tempada 2008–09 só disputa 12 partidos, nun ano no que o Tenerife conseguiría o seu ascenso á máxima categoría. O seguinte ano o xogador sería cedido ao SD Huesca, onde disporía de máis minutos, regresando a Tenerife na seguinte tempada. Tras pasar polo Villarreal B e CD Mirandés, o 8 de xullo de 2014 asina polo CD Lugo.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesTenerifeSegunda2006-2007204TenerifeSegunda2007-2008314TenerifeSegunda2008-2009120HuescaSegunda2009-2010261TenerifeSegunda2010-2011202Villarreal BSegunda2011-2012271Villarreal BSegunda B2012-2013312MirandésSegunda2013-2014362LugoSegunda2014-2015395LugoSegunda2015-2016353LugoSegunda2016-2017380LugoSegunda2017-2018345LugoSegunda2018-2019343

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Tenerife Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Mirandés