A Cúpula de Ferro (, , ) é un sistema de defensa antiaérea israelí deseñado por Rafael Advanced Defense Systems e Israel Aircraft Industries. Este sistema deseñouse para interceptar e destruír mísiles de curto alcance e proxectís de artillaría disparados dende distancias de 4 a 70 km e que estivesen dirixidos cara áreas poboadas. O goberno de Israel propúxose incrementar este rango dende os 70 km ata un máximo de 250 km, engadindo a capacidade de interceptar proxectís lanzados dende varias direccións ao mesmo tempo.
Declarouse operacional e comezou a funcionar o 27 de marzo de 2011 preto de Beersheba. O 7 de abril de 2011 o sistema interceptou un proxectil lanzado dende a Franxa de Gaza por primeira vez. O 10 de marzo de 2012 The Jerusalem Post informou que o sistema conseguira derribar o 90% dos proxectís lanzados dende Gaza con obxectivos en áreas poboadas, e en novembro de 2012 os informes oficiais do goberno israelí reportaron que o sistema levaba interceptado máis de 400 proxectís.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Folleto oficial da Cúpula de ferro Vídeo Oficial Promocional da Cúpula de Ferro
Categoría:Forzas armadas de Israel Categoría:Armas antiaéreas