Mamonas Assassinas foi unha banda brasileira de rock cómico formada en Guarulhos en 1990, que nun comezo tiña o nome de Utopia. O seu son era unha mestura de punk rock con influencias de xéneros populares, como o forró (Jumento Celestino), a brega (Bois Don't Cry), o heavy metal (Débil Metal), o pagode (Lá Vem o Alemão), música mexicana (Pelados em Santos), reggae (Onon Onon) e vira (Vira-Vira). A carreira da banda, co nome de Mamonas Assassinas, durou de xullo de 1995 até o 2 de marzo de 1996 (pouco máis de 7 meses). Tiveron un éxito meteórico. Cun único álbum de estudio, Mamonas Assassinas, lanzado en xuño de 1995, o grupo vendeu máis de 3 millóns de copias no Brasil, sendo certificado como disco de diamante comprobado pola ABPD. Con letras humorísticas, o álbum lanzou ós "Mamonas" ó estrelato nacional. Porén, en marzo de 1996, no auxe da carreira, a banda foi vítima dun accidente aéreo sobre a Serra da Cantareira, o que ocasionou a morte de todos os seus integrantes.

Discografía Demos 1992: A Fórmula do Fenômeno Álbum de estudio 1995: Mamonas Assassinas

Coletânea 1998: Atenção, Creuzebek: A Baixaria Continua

Álbum Ao Vivo 2006: Mamonas Ao Vivo

Videografía 1996: MTV na Estrada (relanzado en DVD, 2004) 2002: Show Ao Vivo (Arquivo Familiar) CineArts 2008: Por Toda Minha Vida - Mamonas Assassinas 2009: Mamonas, o Doc 2011: Mamonas para sempre

Bibliografía 1996: Mamonas Assassinas: Bla Bla Bla - A Biografía Autorizada 1996: O Último Voo - Investigação Sem Limites 1997: Pitchulinha - Minha Vida Com Dinho, Até que os Mamonas Nos Separem 1997: O Breve Voo de Longas Asas 2005: Mamonas Na Chaminé

Premios Troféu Xuxa Hits 1995 Prêmio SBT de Música 1995 - Revelação Troféu Imprensa 1996 - Revelação do Ano Troféu Imprensa 1996 - Melhor Música (Pelados em Santos) Troféu 1996 - Melhor Banda Do Ano

Notas

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais do Brasil Categoría:Grupos musicais formados en 1993