Dame Margaret Taylor Rutherford, nada en Londres o 11 de maio de 1892 e finada en Chalfon St Peter (Buckinghamshire) o 22 de maio de 1972 foi unha actriz inglesa.
Traxectoria Rutherford foi a única filla de William Rutherford Benn (que tivo problemas mentais e tivo que ser hospitalizado) e a súa segunda muller, Florence Nicholson. Cando era nena mudouse cos seus pais á India, volvendo aos tres anos para vivir coa súa tía Bessie Nicholson, despois de que a súa nai se suicidase cando estaba embarazada.
Traballou como mestra de elocuencia para logo pasar á interpretación, debutando no teatro en 1925, xa con trinta e tres anos. Polo seu aspecto pronto se especializou na comedia. O seu talento foi recoñecido en 1939 na obra The Importance of Being Earnest, de Oscar Wilde. Aínda que o seu primeiro papel cinematográfico foi en 1936, foi a partir de Blithe Spirit (1945), de David Lean, que se converteu nunha actriz de éxito na pantalla. En 1963 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa personaxe da duquesa de Brighton en The V.I.P.s.
A principios da década de 1960 interpretou a Miss Marple nunha serie de catro filmes baseados libremente en novelas de Agatha Christie. Rutherford insistiu en levar a súa propia roupa e que o seu home aparecese tamén. Christie dedicoulle en 1963 a súa novela The Mirror Crack'd: "A Margaret Rutherford, con admiración"."To Margaret Rutherford in admiration" Porén, a escritora non aprobou que a comicidade da personaxe de Marple nin a falta de fidelidade aos seus libros.
Ao final da súa vida Rutherford sufriu alzhéimer.
Filmografía Ano Filme 1936 Talk of the Devil 1936 Dusty Ermine 1936 Troubled Waters 1937 Missing, Believed Married 1937 Catch as Catch Can 1937 Big Fella 1937 Beauty and the Barge 1941 Spring Meeting 1941 Quiet Wedding 1943 Yellow Canary 1943 The Demi-Paradise 1944 English Without Tears 1945 Blithe Spirit 1947 While the Sun Shines 1947 Meet Me at Dawn 1948 Miranda 1949 Passport to Pimlico 1950 The Happiest Days of Your Life 1950 Quel bandito sono io 1951 The Magic Box 1952 Curtain Up 1952 Miss Robin Hood 1952 The Importance of Being Earnest 1952 Castle in the Air 1953 Innocents in Paris 1953 Trouble in Store 1954 The Runaway Bus 1954 Mad About Men 1954 Aunt Clara 1955 An Alligator Named Daisy 1957 The Smallest Show on Earth 1957 Just My Luck 1959 I'm All Right Jack 1961 On the Double 1961 Murder, She Said 1963 Murder at the Gallop 1963 The Mouse on the Moon 1963 The V.I.P.s 1964 Murder Most Foul 1964 Murder Ahoy! 1965 Badaladas a medianoite 1965 The Alphabet Murders 1967 A Countess from Hong Kong 1967 Arabella Notas
Véxase tamén Bibliografía Rutherford, Margaret, as told to Gwen Robyns. Margaret Rutherford: An Autobiography. W. H. Allen, Londres. 1972. Simmons, Dawn Langley. Margaret Rutherford. A Blithe Spirit. Londres, 1983. Merriman, Andy, Margaret Rutherford: Dreadnought with Good Manners. Londres, Aurum Press. 2009. ISBN 978-1-84513-445-7 Ligazóns externas
Oxford National Dictionary of Biography Actuacións
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Finados por alzhéimer