Xeira foi unha organización política da mocidade comunista galega que se definiu como marxista-leninista e independentista. O seu partido de referencia foi a Frente Popular Galega. A organización foi disolta en 2021.

Historia Xeira foi fundada o 21 de decembro de 2013 tras a culminación do Proceso MIR que sucedeu á ruptura de Adiante o 11 de novembro do mesmo ano. En abril de 2017 celebrou o seu II Congreso Nacional. A organización establecía as súas bases segundo "a Independencia Nacional en forma de República Galega, a superación do Patriarcado e a construción do Socialismo e do Comunismo no mundo".

No ano 2018 o seu secretario xeral, Brais Borrajo, foi acusado por parte dunha militante de violación o que levou a destapar numerosos casos de acoso cara militantes e exmilitantes desta organización.

En xaneiro de 2021, un sector da militancia abandonou a organización xuvenil, ficando na FPG ata a celebración do seu noveno congreso, no que intentaron conformar unha candidatura alternativa á lista proposta polo central da organización. Finalmente, esta última lista foi a gañadora do congreso, sendo elixida secretaria xeral da FPG, Oriana Méndez. Xeira pasou a disolverse entón no seo da FPG, formando o sector que apoiou a Brais Borrajo, o Partido Comunista pola República Galega.

Organización interna Xeira é unha organización marxista-leninista, baseada no centralismo democrático, que se organiza en grupos comarcais cuxo órgano de dirección é o Comité Central.miniatura|Membros de Xeira na manifestación do 29N.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Frente Popular Galega

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Independentismo galego Categoría:Comunismo