A Deputación Foral de Biscaia (en éuscaro: Bizkaiko Foru Aldundia, en castelán: Diputación Foral de Bizkaia) é o órgano de goberno do territorio histórico de Biscaia, no País Vasco (España).

Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Biscaia exerce competencias específicas derivadas da súa natureza como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía e da Lei de Territorios Históricos de 1983.

A Deputación é o órgano executivo que depende das Xuntas Xerais de Biscaia (que é o órgano lexislativo).

Deputado Xeral de Biscaia Á fronte da Deputación Foral encóntrase o Deputado Xeral que é elixido polas Xuntas Xerais de Biscaia.

Deputados Xerais de Biscaia dende a Transición 1979-1987: José María Makua Zarandona (PNV) 1987-1995: José Alberto Pradera Jauregi (PNV) 1995-2003: Josu Bergara Etxebarria (PNV) 2003-2015: José Luis Bilbao Eguren (PNV)a dende 2015: Unai Rementeria Maiz (PNV)

a Nas eleccións de 2003 José Luis Bilbao foi elixido como cabeza de lista dunha coalición PNV-EA. Nas eleccións de 2007 e 2011 presentouse como cabeza de lista da candidatura do seu partido, o PNV.

Véxase tamén Outros artigos Deputación Foral de Áraba Deputación Foral de Guipúscoa

Ligazóns externas Sitio web da Deputación Foral de Biscaia

Categoría:Biscaia Biscaia Categoría:Política do País Vasco