Mesoiro é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2021 tiña 8226 habitantes (4124 homes e 4102 mulleres). O seu xentilicio é mesoiriño.

Non aparece no Nomenclátor de Galicia de 2003, pero si na actualización de 2026.

Xeografía O lugar é atravesado polo río Mesoiro, ficando na marxe esquerda do río o polígono industrial de Pocomaco e na marxe dereita o casco antigo da vila. Na primeira década do século XXI edificouse no Alto do Monte do Muíño, a carón da aldea, unha grande urbanización chamada Novo Mesoiro, nun espazo considerado tradicionalmente parte de FeánsXurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Linguística, Universidade da Coruña. (p.59). A construción da urbanización provocou críticas por parte de colectivos ecoloxistas, veciños e mais de urbanistas e docentes de diversas universidades, xa que o lugar escollido ten un gran valor biolóxico e o deseño da urbanización resulta moi agresivo co contorno, pois presenta grandes bloques de vivendas no alto dun monte arredor dunha zona ruralMesoiro-Feáns: contra a urbanización salvaxe Colectivo R.U.A.. Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Elviña

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Categoría:Lugares da Coruña