O ciclopentano é un hidrocarburo alicíclico saturado moi inflamable con fórmula química C5H10, formado por un anel de cinco átomos de carbono cada un unido a dous átomos de hidróxeno por encima e debaixo do plano do anel. É un líquido incoloro con cheiro a petróleo. O ciclopentano é un cicloalcano (alcano que ten un ou máis ciclos na súa molécula). miniatura|esquerda|120px|A estrutura típica do ciclopentano é a conformación en "sobre". Fórmase polo cracking do ciclohexano en presenza de alúmina a alta temperatura e presión.
Foi preparado por primeira vez en 1893 polo químico alemán Johannes Wislicenus.J. Wislicenus and W. Hentschel (1893) "Der Pentamethenylalkohol und seine Derivate" (Ciclopentanol e os seus derivados), Annalen der Chemie, 275 : 322-330; ver especialmente as páxinas 327-330. Wislicenus preparou o ciclopentano a partir de ciclopentanona ("Ketopentamethen"), que se prepara quentando adipato de calcio.
Aplicacións industriais O ciclopentano utilízase na fabricación de resinas sintéticas e adhesivos de goma e tamén para producir unha estrutura celular tipo escuma (blowing agent) na fabricación da escuma illante de poliuretano, que se encontra en moitas aplicacións domésticas, como refrixeradores e conxeladores, en substitución de substancias nocivas para o medio ambiente como o CFC-11 e HCFC-141b Greenpeace - Appliance Insulation
Tecnoloxías máis avanzadas, como hardware de computadoras e equipamento para viaxar ao espazo empregan lubricantes de ciclopentano multialquilados (MAC) debido á súa extremadamente baixa volatilidade. Pennzane - lubrication technology
Formulación dos cicloalcanos
Os cicloalcanos poden ser formulados por un proceso chamado reformado catalítico. Por exemplo, o 2-metilbutano pode ser reformado a ciclopentano utilizando un catalizador de platino. miniatura|esquerda|Modelo estendido do ciclopentano.
Notas
Categoría:Hidrocarburos