Anglès é un concello catalán da provincia de Xirona, na comarca da Selva.
A vila xerundense sitúase no medio dun extenso val que dista a 17 km de Xirona, 12 km de Santa Coloma de Farnens (capital da comarca), 100 km da cidade de Barcelona e 40 km da Costa Brava. A vila antiga álzase sobre unha pequena elevación situada en medio dunha chaira fértil no lado sur da desembocadura da riera de Osor no río Ter.
Historia A igrexa de Sant Amanç, na actualidade en rehabilitación, está documentada dende 1019 co nome de Sancti Amantii Anglensis. A poboación xurdiu ao redor desta igrexa e do castelo, despois derruído, a capela é a actual igrexa parroquial.
Lugares de interese
Núcleo antigo, con rúas e edificacións de orixe medieval. Igrexa de Sant Miquel, de estilo renacentista. Capela de Sant Pere Sestroques. Santuario de Santa Bàrbara. Complexo Industrial e Vapor Burés.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 1986 2006 2008 1.6262.6773.2914.7785.0285.1325.2115.446
Política 300px|miniatura|Xardíns Can Cendra Eleccións municipais en AnglèsPartido político2011 Votos Votos % Concelleiros Per Anglès Units (FIC) 1033 50,17% 8 Partit dels Socialistes de Catalunya 462 22,44% 3 Convergència i Unió 350 17,00% 2 Esquerra Republicana de Catalunya 125 6,07 % 0 Votos nulos 109 5,03 % Votos en branco 89 4,32 %
Categoría:Concellos da provincia de Xirona