The Mighty é un filme estadounidense dirixido por Peter Chelsom que se estreou en 1998. Baséase na novela Freak the Mighty de Rodman Philbrick.
Sinopse Historia de dous rapaces non integrados na sociedade que parten na busca de grandeza e bondade só para descubrir o tesouro máis valioso de todos: a amizade. Todo comeza cando Kevin Dillon e a súa nai trasládanse á veciñanza onde viven Maxvell Kane e os seus avós. Malia os seus trece anos, a aparencia de Max é a dun xigante, con problemas na escola, falto de valor e que non encaixa en ningún modelo social. Pero na súa vida entrará Kevin, un rapaz tolleito, pero máis espelido que calquera outro da cidade.
Personaxes Elden Henson como Maxwell "Max" Kane, The Mighty Kieran Culkin como Kevin Dillon, Freak Sharon Stone como Gwen Dillon Gena Rowlands como Susan "Gram" Pinneman Harry Dean Stanton como Elton "Grim" Pinneman James Gandolfini como Kenny "Killer" Kane Gillian Anderson como Loretta Lee Meat Loaf como Iggy Lee Jenifer Lewis como Mrs. Addison Joseph Perrino como Tony Fowler (Blade)
Galardóns e nomeamentos 1998: Globos de Ouro: Nomeado a Mellor actriz secundaria (Sharon Stone) e canción orixinal.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter Chelsom Categoría:Filmes con banda sonora de Trevor Jones Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes rodados en Ohio