Andrés Genaro Rey Baltar, nado en Padrón o 19 de setembro de 1886 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Rey Gosende. Emigrou a Arxentina co seu irmán Ramón Rey Baltar. Aou seu retorno coverteuse en propietario e innovador agrario. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Padrón. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.El Compostelano, 17-11-1936, p. 2. Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens e poxados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cartas de republicanos galegos condenados a morte
Categoría:Galegos da Arxentina
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos