Un lipoma é un tumor benigno composto de tecido adiposo (corpo graxo). É a forma benigna máis común de tumor de tecido mole. Os lipomas son brandos ó tacto, móbiles, e xeralmente non causan dor. A maioría dos lipomas son pequenos (menos dun centímetro de diámetro) pero poden medrar ata os seis centímetros. Lipomas son comúns en adultos entre os 40 e os 60 anos de idade, pero poden aparecer tamén en mozos e nenos. Algúns estudos sosteñen que poden transformarse en malignos,'Obesity Gene' Causes Cancer of Fat Tissue, Schepens Scientists Find Schepens Eye Research Institute (Harvard Medical School affiliate). 26 de abril de 2000 mentres que outros din que esa teoría non está convincentemente documentada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ilustración do Centro de Saúde Universitario de Connecticut.
Categoría:Cirurxía Categoría:Termos médicos