Ángel Iglesias Martínez, nado en Monte Asnal (Amoeiro) en 1915 e finado en 2005, foi un político galego.
Traxectoria O 13 de novembro de 1936, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, matou en defensa propia na casa da súa moza Herminia Gutiérrez a Antonio Ferreira Sánchez, xefe dos falanxistas de Palmés. Detido, fuxiu cando ían pasealo e estivo agochado até o remate da guerra civil. Entregouse en 1940 e foi xulgado e condenado a oito anos en prisións e campos de concentración, entre eles traballos forzados no Val dos Caídos. Retornou a Trasalba.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes