miniatura|240px|Lagenorhynchus obscurus saltando. Lagenorhynchus obscurus é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos.
É un golfiño altamente gregario e acrobático que habita nas costas do Hemisferio Sur.
Taxonomía A especie foi descrita por John Edward Gray en 1828 na súa obra "Original figures and short systematic descriptions of new and unfigured animals". Spicilegia Zoologica Part 1 , na que lle adxudicou o nome de Clymenia obscura. Lagenorhynchus obscurus (Gray, 1828) no WoRMS.
Dentro da especie distínguense dúas subespecies: Lagenorhynchus obscurus fitzroyi (Waterhouse, 1838) Lagenorhynchus obscurus obscurus (Gray, 1828)
Ao longo do tempo foi identificado cos sinónimos:
Delphinus (Grampus) obscurus Gray, 1828 Delphinus (Tursio) obscurus Burmeister, 1867 Delphinus breviceps Wagner, 1846 Delphinus fitzroyi Waterhouse, 1838 Delphinus obscurus Gray, 1828 (basónimo) Delphinus superciliosus Lesson & Garnot, 1826 Electra breviceps Gray, 1868 Lagenorhynchus breviceps Gray, 1866 Lagenorhynchus clanculus Gray, 1846 Lagenorhynchus fitzroy Bini, 1951 Lagenorhynchus fitzroyi Flower, 1885 Lissodelphis panope Trouessart, 1904 Phocaena fitzroyi Philippi, 1893 Prodelphinus obscurus Flower, 1885 Prodelphinus petersii Lutken, 1889 Tursio obscurus Gray, 1866 Tursio panope Perez Canto, 1896
Taxonomía discutida
Lagenorhynchus obscurus está estreitamente emparentado xeneticamente con L. obliquidens, do Pacífico norte, pero o consenso científico confirma que son dúas especies diferentes.
Aínda que ambas as especies se ditaban tradicionalmente no xénero Lagenorhynchus, recentes análise de filoxenia molecular indican que están máis relacionadas cos golfiños do xénero Cephalorhynchus.
En efecto, aínda que antigamente o xénero Lagenorhynchus estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo b mitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchus non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.
De confirmarse isto, significaría que as dúas especies deberían transferirse a Cephalorhynchus ou darlles un novo xénero.
Un xénero alternativo, Sagmatias, foi proposto por LeDouc..LeDuc, R. G.; Perrin, W. F. e Dizon, A. E. (1999): "Phylogenetic relationships among the delphinid cetaceans based on full cytochrome b sequences", en Marine Mammal Science 15: 619–648. Resumo
Descrición miniatura|240px|Parella de Lagenorhynchus obscurus saltando. De lonxitude de curta a mediana en comparación con outras especies da familia.
Hai variación significativa en tamaño entre as diferentes poboacións. Os máis grandes encontráronse nas costas do Perú, con 210 cm de lonxitude e 100 kg de peso.
Coloración A coloración do dorso é gris escura A aleta dorsal presenta distintivamente dúas tonalidades. Teñen parches grandes e longos, de coloración gris tenue nos costados O nariz, curto, e mouro. A garganta e ventre son brancos.
É facilmente confundido con Lagenorhynchus australis ao observalo na auga.
Poboación e distribución miniatura|400px|Distribución de Lagenorhynchus obscurus.
A poboación da especie descoñecese, pero as autoridades aseguran que a súa supervivencia non está en risco.
Áchase en augas costeiras de Chile, Arxentina, illas Malvinas, Perú, Namibia, costa oeste de Suráfrica e ai redor de toda Nova Zelandia. Tamén hai poboacións residentes en Tasmania e Nova Gales do Sur e en varias illas pequenas do Atlántico sur e do océano Índico. Unha investigación aérea con avistamentos en Patagonia a mediados dos anos 1990 indicou que había unha poboación local de 7.000 individuos.
Poden moverse sobre grandes distancias (hai unha confirmada de 1.440 km. Porén, non se cre que sigan un patrón migratorio.
Conservación Fóra das augas costeiras do Perú, o seu principal perigo son os humanos, basicamente pola súa captura accidental por redes. A mediados dos anos 1980 uns 400 ou 600 animais foron mortos anualmente na Patagonia atrapados en redes. Posibelmente esta taxa decline debido a regulacións máis severas na industria pesqueira. Porén, en augas peruanas, ademais da captura accidental, hai unha continua e deliberada pesca con redes e arpóns. O número de animais mortos cada ano nesa zona é de miles, e é causa de preocupación dos conservacionistas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Waerebeek, Koen van & Bernd Wessig (2002): "Pacific White-sided Dolphin and Dusky Dolphin", en William F. Perrin, Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. Encyclopedia of Marine Mammals 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9, pp. 859–860. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Odontocetos Delfínidos Lagenorhynchus
Ligazóns externas Lagenorhynchus obscurus en Animal Diversity Web Lagenorhynchus obscurus en ARKive
Categoría:Delphinidae Categoría:Cetáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1828