A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador do fútbol gaélico en Galicia. Foi constituída en 2013 polos clubs Fillos de Breogán da Coruña, Irmandinhos A Estrada e Mecos FG Ogrobe, aos que se foron unindo outros equipos.

Afiliada a Gaelic Athletic Association (GAA) e o Gaelic Games Europe (GGE) organiza a Liga Galega de Fútbol Gaélico, a Copa Galega de Fútbol Gaélico e a Liga Galega de Fútbol Gaélico 7 contra 7. Tamén é a entidade da que depende a Selección de fútbol gaélico de Galicia. En xuño de 2017 asinou un acordo para a inclusión da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e o fútbol gaélico como especialidade deportiva da Federación Galega de Fútbol.

Na actualidade a Asociación Galega está inmersa no desenvolvemento do deporte de base a través do proxecto das Galescolas.

Equipos

NomeCidadeFundaciónFillos de Breogán12px A Coruña2010Ártabros12px Oleiros2011Irmandinhos12px A Estrada2012Mecos12px O Grove2012Bráithreachas12px A Estrada2012Pontevedra12px Pontevedra2013Estrela Vermella12px Santiago de Compostela2013Keltoi12px Vigo2014Auriense12px Ourense2014Dorna12px A Illa de Arousa2015Herdeiros de Dhais12px Lalín2015UDC12px A Coruña2015O'Condado12px Ponteareas2016Terras do Eume12px As Pontes de García Rodríguez2016Cambados12px Cambados2016Turonia12px Gondomar2018Independiente12px Vigo2019Britonia12px Xove2019Lume de Beltane12px Poio2022Mazaricos12px Mazaricos2022Lorchos FGBoiro2023

Na tempada 2017/18 os equipos masculinos de Mecos, Pontevedra, O'Condado, UDC e os equipos femininos de Mecas e Bráithreachas non competiron por non teren fichas suficientes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Páxina da GGE dos clubs en España

Categoría:Fútbol gaélico en Galicia