O Castro de Santa Icía é un poboado castrexo fortificado de chaira situado na parroquia de Santa Icía de Trasancos, no concello de Ferrol.Excmo. Concello de Ferrol. Revisión y adaptación del plan general de ordenación municipal. Catálogo de bienes protegidos Xunta de Galicia.
Descrición miniatura|esquerda|300px|Vista do castro de Santa Icía a mediados dos anos 1950. miniatura|Vista do que queda dun dos muros do castro empregado como linde entre leiras (entre a estrada e o rego). O castro destruíuse hai tempo para construír vivendas, só queda no terreo unha pequena elevación, un pequena parte do muro empregada como linde de leiras e na zona o topónimo Castro.
O castro tiña forma case circular duns 60 ou 70 metros de diámetro. Había dous tramos dun segundo muro ao NL que delimitaban o que puidera ser o antecastro ou protección da entrada. O castro tiña dúas entradas: unha posterior ao NO e outra ao NL. Os muros da croa e do antecastro eran de pedras e terra. Pola banda NL un rego do río Freixeiro contornea o castro. Nos traballos da terra apareceron pedras circulares.
Preto del está o castro da Croa de Leixa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro
Santa Icía